ENERGAL Eficiencia Energética de Galicia, participou o pasado luns nunhas charlas nas Escolas de Verán Xiria.

Viernes, 17 Agosto 2018 07:10

manosFacebook

Preto de 50 nenos e nenas aprenderon o pasado luns sobre enerxías renovables e aforro enerxético no fogar.

O pasado luns 13 de agosto, ENERGAL Eficiencia Energética de Galicia en colaboración coas Escolas de Verán Xiria, realizou unhas charlas no CEIP Fogar para dar a coñecer as enerxías renovables e o aforro e eficiencia enerxética no fogar a nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Termos como eólica, hidráulica, biomasa, solar fotovoltaica e térmica e até enerxía mareomotriz foron algúns dos conceptos renovables cos que se atoparon un nutrido grupo de 50 rapaces e rapazas, participantes todos nas Escolas de Verán que organiza Balonmán Xiria. Ademáis, souberon que con pequenos actos, poden aforrar máis de 120€ ao ano nos seus fogares, facendo conciencia e aplicando pequenas medidas de eficiencia enerxética.

Escola de verán 2018 03

Escola de verán 2018 01

Escola de verán 2018 02