ENERGAL Eficiencia Energética de Galicia participa no proxecto “Galicia2030: Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias” que desenvolve a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional xunto coa FEUGA (Fundación Empresa-Universidad Gallega), compartindo mesa con Repsol, Engasa, Inega, +energía y Cluergal nunha xornada xestionada por Deloitte.
Principio del formulario
Esta iniciativa pretende realizar unha análise prospectiva e de tendencias con impacto no emprego de Galicia 2030 que permitirá desenvolver un catálogo de perfís profesionais de futuro e definir sobre esa base un conxunto de novas titulacións e especialidades universitarias acorde coas necesidades e esixencias da sociedade e o mercado laboral vindeiros.
Esta aposta de futuro por e para Galicia ten un carácter eminentemente participativo; ao longo do proxecto contaráse coa colaboración de expertos e interlocutores relevantes do nóso territorio, que nos proporcionarán opinións, experiencias e información de gran valor para a consecución dos obxectivos do proxecto.
Considérase neste punto que ENERGAL é un interlocutor crave e é por iso pasa a formar parte deste proxecto, participando na MESA DE TRABALLO SECTORIAL DE ENERXÍA. Esta actividade ten como obxectivo identificar os principais roles profesionais que demandará a futuro o sector de enerxía, así como avanzar nos requirimentos competenciais co que haberán de contar. Este input será de enorme valor para a elaboración dun dos principais fitos deste proxecto, a elaboración dun catálogo de perfís profesionais de futuro.
A primeira das actividades ten lugar hoxe nas instalacións da FEUGA no Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, á que acode o nóso xefe de proxectos Iván Andrade.
Perfiles profesionales de futuro, y nuevas titulaciones y especialidades universitarias