O CEO de ENERGAL. José Bello estivo na Casa da Xuventude de Carballo falando cos diversos estudiantes sobre cómo ser un emprendedor e desenvolver o teu propio negocio.

Martes, 28 Mayo 2019 13:52

manosFacebookEste tipo de iniciativas impulsan a relación e integración da xuventude na realidade económica do territorio, reforzando o coñecemento do marco local da vida dos mozos e mozas; propician o achegamento da xente nova á realidade do tecido empresarial galego; promoven o coñecemento e valorización dos recursos e potencialidades que ofrece o territorio; e ofrecen unha ferramenta para que os mozos e mozas adquiran coñecementos que axuden ao seu desenvolvemento persoal e profesional.

Estes encontros sectoriais enmárcanse no proxecto ‘Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo’ (acrónimo Lidera), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (Poctep). Así mesmo, dentro da iniciativa ‘Lidera’ forma parte da actividade ‘Crece’, que ten como obxectivo provocar un coñecemento, proceso e contexto de traballo en rede, no que se involucren os distintos actores e reactivos do territorio a través da xeración de espazos de desenvolvemento local no ámbito de influencia do proxecto.

Proxecto Lidera
O proxecto ‘Lidera’ ten como finalidade promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio.

Son socios desta intervención, A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; a Fundación Galicia Europa; a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela; a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega); o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

60770722 1684486648361466 7406984230837682176 o