O pasado martes, Eficiencia Energética de Galicia asistiu á primeira reunión de A3E como delegado territorial.

Jueves, 30 Mayo 2019 06:49

manosFacebook

O pasado martes 28 de maio, o CEO de ENERGAL José Bello e o Xefe de Proxectos Iván andrade asistiron a unha comida-reunión en Madrid na sede de A3E (Asociación de Empresas de Eficiencia Energética) para recoller as credenciais de Delegado Territorial na Zona Noroeste (Galicia).

A delegación en Galicia que recae en ENERGAL para os próximos 2 anos, ten por cometido establecer pontes de traballo coas administracións locais e autonómica, organizar xornadas sobre sostibilidade e eficiencia enerxética, aumentar o servizo de captación de socios e dar máis presencia de A3E en Galicia.

Esta reunión serviu tamén para coñecer á xunta directiva de A3E, outros delegados territoriais e establecer un coworking coas empresas membro de A3E.

 

20190528 162236

mapaDTsA3e