En ENERGAL Eficiencia Energética de Galicia S.L. temos unha vacante para cubrir un posto no ámbito da xestión enerxética de proxectos.

Lunes, 05 Marzo 2018 15:59

Buscamos un enxeñeir@ técnic@, arquitect@ técnic@ ou técni@ superior en F.P. con amplos coñecementos do sector enerxético eléctrico e experiencia en electricidade, climatización, caldeiras, instalacións térmicas, alumeado público, rehabilitación enerxética e xestión de proxectos de enxeñería. Valorarase tamén a disposición para dar formación en eficiencia enerxética e mercado eléctrico.

Se cres que nos podes aportar a túa experiencia e coñecementos, envíanos o teu CV a:

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 Requisitos imprescindibles:

  •          Enxeñeir@ técnic@, arquitect@ técnic@ ou técnic@ superior en F.P.
  •          Carnet de conducir.
  •          Dominio Paquete Office.

 Valoraráse:

  •          Experiencia docente.
  •          Dominio de programas como AutoCAD, Dialux, CE3X, Presto e/ou Arquímedes, GIS, etc.

 

Polo noso enfoque multiplataforma, en ENERGAL Eficiencia Energética de Galicia S.L. realizamos todo tipo de traballos tendentes a minimizar o impacto económico que supón o consumo de enerxía para os nosos clientes. Así, xestionamos dende a compra de enerxía ata as incidencias que poida haber cos provedores – coñecemos ben o mercado -, realizamos proxectos de enxeñería e re-enxeñería para lograr procesos máis eficientes, implantamos Sistemas de Xestión da Enerxía (SXEn para ISO 50001), verificamos medidas de aforro a través do IPMVP de EVO, tamén facemos auditorías enerxéticas, estudos de aforro e optimización, estudos de viabilidade para Enerxías Renovables, certificados de Eficiencia Enerxética (RD 235/2013) ou Informes de Avaliación de Edificios (IAE), entre outros moitos servizos, como a formación en eficiencia enerxética en ámbitos públicos e privados.

 

FondoAud