No día de onte, ENERGAL impartiu durante toda a mañá unha sesión formativa para as traballadoras sociais do Concello de Santiago de Compostela sobre a vulnerabilidade enerxética e o novo bono social.
Dezaséis profesionais dos servizos sociais de Santiago de Compostela, recibiron onte de mans de ENERGAL unha completa formación do programa da "Escuela de Energía" da Fundación Gas Natural Fenosa, coa idea de obter formación interesante para o seu traballo diario sobre bono social, vulnerabilidade enerxética e facturación eléctrica. Foron máis de 3 horas con multitude de dúbidas e preguntas que se foron resolvendo de xeito correcto, pois a inminente posta en marcha do novo bono social trae de cabeza aos servizos sociais que debe axudar aos máis necesitados, que recibirán unha formación específica o mércores 11 en Santiago.
A "Escuela de Energía" estará hoxe na localidade pontevedresa de Redondela.