Aviso Legal

A Web de grupoenergal.com ten como finalidade informar dos produtos, servizos e novidades que ofrece aos clientes actuais así como a novos usuarios.

Eficiencia Enerxética de Galicia S.L. é o titular dos dereitos de propiedade intelectual sobre as imaxes, logotipos, textos e deseños ou de calquera outro contido ou elemento desta Web. En caso de non ser o titular, Eficiencia Enerxética de Galicia S.L. dispón dos permisos necesarios para a utilización de calquera tipo, sen consentimento por escrito, por parte dos responsables.

Eficiencia Enerxética de Galicia S.L. rexeita a responsabilidade que se derive da mala utilización dos contidos e resérvase o dereito para realizar as modificacións (eliminación ou restrición total ou parcial) de contidos que crea oportunas sen previo aviso.

Eficiencia Enerxética de Galicia S.L. non se responsabiliza dos contidos que se ofrecen mediante ligazóns a páxinas de terceiros ou calquera referencia externa a outro sitio de información. Son referencias meramente informativas.

Eficiencia Enerxética de Galicia S.L. non se responsabiliza de calquera consecuencia directa ou indirecta que poida ocasionar a exactitude dos contidos da Web.

Política de Protección de Datos

O obxectivo da nosa política de privacidade é respectar ao máximo a lexislación vixente de protección de datos persoais: Lei Orgánica 15/1999, do 13 de Decembro. Se vostede ten calquera dúbida sobre a confidencialidade ou o tratamento que reciben os seus datos, pode poñerse en contacto connosco na dirección abaixo indicada, así como se é vostede cliente noso e quere exercer algún dos dereitos de información, oposición, rectificación e cancelación que legalmente lle corresponden.

ENERGAL, Eficiencia Energética de Galicia S.L.
R/Gran Vía, nº 100, 3ªD
15100 Carballo (A Coruña)

Os datos solicitados mediante o formulario de contacto ou e-mail só se utilizarán para o fin solicitado, e só se envían informacións relacionadas coa actividade ou coa finalidade para a que foron solicitados. Estes datos non son incorporados a ningún ficheiro, xa que son eliminados unha vez terminada a actividade para a que foron solicitados.

Garantímoslle que nunca compartiremos os seus datos con ningunha organización ou empresa allea.

Os Usuarios garanten e responden, en calquera caso, da veracidade, exactitude, vixencia e autenticidade dos Datos Persoais facilitados.