Ofrecemos servizos de gran valor engadido no campo das solucións enerxéticas para todo tipo de organizacións, xa sexan públicas ou privadas. Tamén xeneralizamos as boas prácticas no uso da enerxía en calquera entorno organizativo con accións de divulgación, formación, promoción, etc. e axudámolas a mellorar o seu nivel de competitividade co deseño, implantación e xestión de plans estratéxicos de aforro e eficiencia enerxética.

Polo noso enfoque multiplataforma, realizamos todo tipo de traballos tendentes a minimizar o impacto económico que supón o consumo de enerxía para os nosos clientes. Así, xestionamos dende a compra de enerxía ata as incidencias que poida haber cos provedores – coñecemos ben o mercado -, realizamos proxectos de enxeñería e re-enxeñería para lograr procesos máis eficientes, implantamos Sistemas de Xestión da Enerxía (SXEn para ISO 50001), verificamos medidas de aforro a través do IPMVP de EVO, tamén facemos auditorías enerxéticas, estudos de aforro e optimización, estudos de viabilidade para Enerxías Renovables, certificados de Eficiencia Enerxética (RD 235/2013) ou Informes de Avaluación de Edificios (IAE), entre outros moitos servizos.