La Empresa

Eficiencia Energética de Galicia SL, coa súa marca comercial ENERGAL, é unha Consultora de Servizos Enerxéticos nacida en 2010 como resultado da experiencia e coñecementos adquiridos noutros ámbitos da enxeñería industrial e enerxética polos membros que a integran. Composta por un equipo de enxeñeiros e técnicos cualificados, sustenta o seu éxito en catro piares fundamentais: formación, experiencia, coñecementos e unhas grandes habilidades para a busca e implantación de solucións enerxéticas ante calquera reto que se presente. Esta circunstancia permitenos gozar dun alto grado de satisfacción entre os nosos clientes.