Unha auditoría enerxética é un estudo integral que analiza a situación enerxética na que se encontra un determinado edificio e propón as melloras que se poidan realizar para optimizar e reducir os consumos.

O obxectivo fundamental dunha auditoría enerxética será a de propoñer solucións viables e beneficiosas para un mellor uso dos recursos dispoñibles, mellorar os procesos enerxéticos que alberguen os edificios, -industrial, terciario, residencial e outros- e diminuír o seu impacto enerxético, económico e medio ambiental.

Ademais, a auditoría enerxética é a principal ferramenta para asentar un plan estruturado e ben planificado de aforro enerxético no tempo, pois implica a realización dunha labor pormenorizada de recollida de información, análise, clasificación de datos e proposta de melloras co seu balance enerxético, económico e medio ambiental. Á súa vez, a auditoría permite á organización establecer a “liña base enerxética” e implantar un sistema de xestión para o desempeño enerxético (SXEn).