ENERGAL, complementariamente á súa actividade de consultaría e enxeñaría enerxética, ten experiencia na preparación e organización de cursos, seminarios e outras accións formativas no campo da Eficiencia Enerxética.

A continua evolución que rexistran os mercados da enerxía e a aparición de novos modelos de negocio ao redor dos mesmos, suxiren a necesidade de proporcionar información e formación a futuros traballadores ou empresarios que desexen explorar novas expectativas laborais. ENERGAL desenvolve dentro deste modelo formativo, diferentes unidades didácticas onde está planificada unha oferta cun enfoque integrador e actual do mercado dos servizos enerxéticos, para que o alumno poida ter unha visión xeral de cales son as liñas de actuación neste sector.