Un Sistema de Xestión da Enerxía é un conxunto de actuacións ben deseñadas, planificadas e estruturadas por unha organización, dirixidas a reducir o seu consumo enerxético –como é obvio sen menoscabo de prestacións e confort-, a través dunha serie de procedementos previamente establecidos e cuxa pedra angular debe ser a mellora continua no desempeño enerxético para lograr maiores cotas de aforro e eficiencia.

O SXEn que ofrece ENERGAL basease na metodoloxía establecida pola Norma UNE EN ISO 50001 para a xestión da enerxía, pois, ademais da súa eficacia contrastada na consecución de aforros, permite que o cliente poida certificar o seu sistema de conformidade cunha norma recoñecida internacionalmente.