No día de onte celebrouse o Día Mundial da Prevención de Incendios Forestais, para concienciar á poboación da necesidade de coidar e preservar os montes, extremar as precaucións e facer todo o posible por evitar os incendios nos montes.
Hai diferentes causas polas que se poden producir estes incendios forestais. Poden ser:
Causas naturais:
Teñen orixe por causas da natureza coma por exemplo por raios dunha tormenta.
As condicións climáticas coma a temperatura, a velocidade e a dirección do vento, o nivel de humidade do solo e a atmosfera, causan dificultades na extinción dos incendios.
Causas producidas pola actividade humana:
Poden ser intencionais ou non intencionais.
Aínda que non exista unha intención expresa de causar un incendio, hai prácticas que poden ocasionalos coma por exemplo, tirar cabichas prendidas sobre a vexetación ou non apagar totalmente unha fogueira. Tamén pode incrementar o risco de incendios o abandono de obxectos de vidro, son elementos refractarios na natureza.
Recordámosche que debes recoller todos os teus residuos e si ves a alguén que os deixa tirados, chamar ás autoridades pertencentes do lugar.
Si ves algún incendio chama de inmediato ó número 085.
Foto: El País