A Asociación de Empresas de Eficiencia Enerxética (A3E) convoca unha nova edición da Ruta dos CAE en Santiago de Compostela, co obxectivo de dar a coñecer o sistema de Certificados de Aforro Enerxético (CAES), a súa evolución e beneficios para as empresas galegas. Nesta ocasión colaboran no evento o Concello de Santiago, e a Xunta de Galicia.
O evento será exclusivamente presencial, terá lugar a partir das 11:30 horas do 23 de abril no Edificio CERSIA, e contará na apertura coa participación de representantes do Concello de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia, que acompañarán ao Presidente de A3E e ao Delegado Territorial de A3E na rexión.
O sistema de Certificados de Aforro Enerxético (CAE), iniciado a principios do ano pasado coa publicación do RD 36/2023, permite que os aforradores (titulares de investimentos en eficiencia enerxética) obter unha rendibilidade extra nos seus investimentos ao poder vender no mercado os aforros conseguidos. Desde o punto de vista dos suxeitos obrigados do Sistema Nacional de Obrigacións de Eficiencia Enerxética (SNOEE) – é dicir, comercializadoras, operadores de petróleo e gas licuado ao por maior-, poden dar cumprimento a parte das súas obrigacións de aforro enerxético mediante a presentación de certificados de aforro, substituíndo así as achegas ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética.
Distribuída en diversos bloques temáticos, a xornada ofrecerá unha visión completa do sistema Caes desde o punto de vista de todos os axentes implicados: regulador, xestor rexional do sistema, suxeito delegado, suxeito obrigado e verificador.
Para ver o programa (tanto en galego coma en castelán) e facer a inscrición, prema nos seguintes enlaces: