Grupo Energal

T: 981 703 583
  • Inicio
  • Empresa
  • Experiencia
  • Consultoría Energética
  • Consultoría Ambiental
  • Formación
  • Actualidad
  • Contacto
martes, 25 enero 2022 / Published in Sin categoría

A3E e ENERGAL estarán na Feira ENERXÉTIKA 2022

A Asociación de Empresas de Eficiencia Energética (A3E) e ENERGAL organizan unha xornada formativa o 3 de Febreiro na Feira ENERXÉTIKA.

A3E, Asociación de Empresas de Eficiencia Energética e ENERGAL, como Delegación en Galicia de A3E estarán presentes en ENERXÉTIKA 2022, feira de referencia a nivel nacional e internacional sobre a eficiencia enerxética que terá lugar os vindeiros 3, 4 e 5 de Febreiro no recinto da Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda.

A maiores de dispoñer dun stand propio de A3E na feira, a Asociación, en colaboración con ENERGAL, organiza unha xornada técnico-informativa sobre os Contratos de Servizos Enerxéticos, máis coñecidos como ESE, no que mediante a contratación de terceiros, un organismo ou empresa implanta medidas de aforro que, mediante a xestión enerxética e o mantemento con garantía total, permite financiar a inversión a realizar durante un período determinado.

Esta xornada formativa, que terá lugar o xoves 3 de Febrero ás 10:00 na Sala 1 Abanca da Feira Internacional de Galicia de Silleda, estará presentada e moderada polo Xefe de Proxectos de ENERGAL e Delegado en Galicia de A3E, Iván Andrade, contará coa presenza do xerente de A3E Antonio López-Nava; o xefe do Departamento de Enerxía do INEGA Juan Ignacio Rodríguez; Pablo Rodriguez da empresa ENERGEA; José Enrique Alcázar, enxeñeiro do Concello da Coruña e Co-autor da filosofía Slowlight; David Pocero como Director de Eficiencia Energética de Ferrovial e Luis Lamas Álvarez como Concelleiro de Obras e Servizos do Concello de Carballo.

Podes ver e descargar o programa no seguinte link.

Entradas recientes

  • Xornada Certificados de Aforro Enerxético (CAE)

    A Asociación de Empresas de Eficiencia Enerxéti...
  • 1199

    O Concello de Carballo participará na conmemora...
  • ENERGAL no FITUR 2025 en Madrid

    O Xerente da nosa entidade, José Bello, está a ...
  • BO NADAL

    Dende ENERGAL, este Nadal queremos agradecer o ...
  • Formación realizada sobre os Puntos de Recarga de Vehículo Eléctrico

    Os nosos compañeiros Martín e Nacho, realizaron...
Sello de calidad y medioambiente

981 703 583

C/ Vila de Negreira, 52, Bajo A
15100 - Carballo
(A Coruña)

  • Aviso Legal
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies
  • Política de Calidad y Medioambiente

© Eficiencia Energética de Galicia S.L. | Todos los derechos reservados | Web: Ático I Creativos

TOP
Cookies
Usamos cookies. Si te parece bien, simplemente haz clic en «Aceptar todo». También puedes elegir qué tipo de cookies quieres haciendo clic en «Ajustes». Lee nuestra política de cookies
Ajustes Rechazar todo Aceptar todo
Cookies
Elige qué tipo de cookies aceptar. Tu elección será guardada. Lee nuestra política de cookies
  • Necesarias
    Estas cookies no son opcionales. Son necesarias para que funcione la web.
  • Estadísticas
    Para que podamos mejorar la funcionalidad y estructura de la web, en base a cómo se usa la web.
  • Experiencia
    Para que nuestra web funcione lo mejor posible durante tu visita. Si rechaza estas cookies, algunas funcionalidades desaparecerán de la web.
  • Marketing
    Al compartir tus intereses y comportamiento mientras visitas nuestro sitio, aumentas la posibilidad de ver contenido y ofertas personalizados.
Guardar Rechazar todo Aceptar todo