Xa está aberto o prazo para axudas de mellora enerxética a autónomos e PEMES “BONO ENERXÍA PEME”.
O INEGA, Instituto Enerxético de Galicia publicou onte no DOG a nova convocatoria de axudas para proxectos de mellora enerxética dirixido a autónomos e PEMES do sector servizos chamado “BONO ENERXÍA PEME”.
Trátase de subvencionar proxectos e inversións en equipos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas tipoloxías de actuación que se detallan a continuación. O investimento mínimo para que as actuacións sexan subvencionables debe ser de 1.000 euros por solicitude, sen incluír o IVE. No caso de que a solicitude contemple exclusivamente o bono de asesoramento enerxético o investimento mínimo da solicitude establécese en 200 euros por solicitude, sen incluír o IVE.
Como principal novidade, aparece o BONO ASESORAMENTO ENERXÉTICO, no que as empresa beneficiarias poden acollerse a este programa para percibir axudas na realización de diagnoses e auditorías enerxéticas nas que coñecer as debilidades da súa empresa e poder establecer unha orde de prioridades á hora de acometer inversións en aforro enerxético.
ENERGAL, por suposto, está dada de alta na listaxe de empresas interesadas en prestar servizos de diágnose/auditoría enerxética no contexto do programa Bono Enerxía Peme.
Máis información na web do INEGA en:
https://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2023/ficha_aforro2023_0002.html?idioma=gl