O ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou o 14 de xuño de 2023 unha nova normativa do sector eléctrico de gran importancia para o seu concello:
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2023-14048
Esta nova normativa aplícase a aqueles puntos de consumo con potencia igual ou inferior a 10 kW, que se atopen con contrato no mercado regulado da electricidade (PVPC).
Concretamente establecese que unicamente poderán acollerse ao PVPC os fogares e as pequenas empresas, deixando fora deste mercado ao resto de clientes, e moi concretamente aos concellos.
Aqueles puntos de consumo de menos de 10 kW do seu concello, que a data 1 de xaneiro de 2024 permanezan cun contrato no mercado regulado, aplicaríaselles unha penalización do 20%.
O único xeito de evitar esta penalización é licitando o subministro eléctrico nas condicións que establece a LCSP. Unha licitación feita con bo criterio, pode acadar aforros de máis do 30% e axudará ao seu Concello a acadar os obxectivos de sustentabilidade establecidos no seu PACES.
Para axudar nese proceso o INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) pon en marcha a segunda convocatoria de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas, anualidade 2024 (código de procedemento IN418E).
Son proxectos subvencionables as actuacións que se detallan a continuación en función da tipoloxía da solicitante:
- a) Planificación enerxética de entidades locais: contratación dos servizos xurídicos e/ou técnicos precisos para a mellora da planificación enerxética e contratación das subministracións enerxéticas das entidades locais.
- b) Planificación enerxética de comunidades enerxéticas constituídas ou en fase de constitución: contratación dos servizos de asistencia técnica e/ou xurídica precisos para a definición das infraestruturas enerxéticas necesarias e a definición, elaboración ou ampliación dos estatutos que rexen ou rexerán a operativa e xestión da comunidade enerxética a partir da súa constitución.
https://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2024/ficha_aforro2024_0003.html
ENERGAL pon á súa disposición toda a experiencia acumulada en máis de doce anos de xestión de mercado eléctrico e administración pública, coa que pode acadar un resultado satisfactorio nesta nova esixencia lexislativa. Somos expertos na redacción de informes de planificación enerxética, pregos de contratación de subministros eléctricos nas administración públicas e empresa punteira na creación de comunidades enerxéticas locais con varios exemplos en Galicia.
Pode contactar con nós nos correo electrónico administracion@grupoenergal.com ou energal@grupoenergal.com ou mesmo no teléfono 981 703 583