A lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular fai referencia a incidencia dos residuos no cambio climático, de maneira que estes supoñen unha fonte difusa de emisións de gases de efecto invernadoiro, principalmente debido ao metano emitido nos vertedoiros que conteñen residuos biodegradables. Si ben a súa contribución e as emisións de gases de efecto invernadoiro se manteñen en porcentaxes en torno ao 4%, esta pódese reducir de forma significativa promovendo, por exemplo, políticas que eviten o depósito de residuos biodegradables no vertedoiro.
A lei ten por obxecto sentar os principios da economía circular a través da lexislación básica en materia de residuos, así como contribuír á loita contra o cambio climático e protexer o medio mariño.
Para a xestión de biorresiduos de competencia municipal, ademais dos instrumentos técnicos (deseño e desenvolvemento da recollida) e das infraestruturas de tratamento, precisa instrumentos complementarios coma a educación e a comunicación ambiental.
Para obter bos resultados na recollida e xestión dos residuos, é preciso que a cidadanía incorpore os seus hábitos diarios e unha serie de boas prácticas ambientais.
O obxectivo da comunicación é informar mediante un contacto directo e proactivo aos centros educativos, e que a información se transfira dende o sector ao resto da cidadanía.
Si estás interesado/a en que ENERGAL leve a cabo a campaña de economía circular de biorresiduos no teu concello, podes contactar connosco.