A campaña de Economía Circular consistiu en varias actividades no sector educativo e no ámbito deportivo que se centraron na correcta separación dos residuos facendo fincapé na correcta eliminación dos envases e embalaxes.
A campaña levouse a cabo por unha parte nos partidos do Obradoiro Club de Baloncesto que disputou co Zaragoza o 20 de Novembro e con Burgos o 18 de Decembro, e por outro lado no CEIP Lópex Ferreiro coa colaboración do profesorado e alumnado dos cursos 1º, 2º e 6º de educación primaria.