No día de onte, reporteiros da TVG achegáronse ás nosas oficinas para entrevistar ao noso director técnico Iván Andrade.
Na entrevista falou de cómo podemos aforrar enerxía nos nosos fogares e con iso, tamén poder baixar a factura da luz e coidar o medio ambiente.
Dende ENERGAL, recomendamos non deixar ningún aparato eléctrico enchufado en “stand by” xa que pode chegar a consumir entre un 8 e un 10% da nosa factura eléctrica. Recomendamos cambiar as lámpadas tradicionais por iluminación LED para a redución de consumo eléctrico.
Ao estares en época de seca, é recomendable que se use a auga o menos posible para poder optimizala. Recomendamos por exemplo, poñer as lavadoras en programas fríos, de curta duración e cargadas ao máximo para consumir menos auga e menos enerxía.
Podedes ver máis consellos no seguinte enlace:
https://www.g24.gal/-/consellos-para-aforrar-enerxia-nos-fogares
Fonte: TVG