ENERGAL resultou a empresa adxudicataria dun contrato de servizos do Concello da Illa de Arousa para a “REDACCION DE DOCUMENTOS PARA EL DESARROLLO DEL PROYECTO NESOI ”
Este proxecto, encadrado dentro do programa europeo NESOI (New Energy Solutions Optimised for Islands), pretende dotar ao Concello da información necesaria para a creación dunha comunidade enerxética local.
ENERGAL foi, ademais, a adxudicataria dos 3 lotes dos que contaba a licitación consistentes na avaliación do proxecto e o deseño do funcionamento da comunidade enerxética local, a análise de riscos e estratexias de mitigación e a asesoría xurídica da propia comunidade enerxética.
Cun prazo de execución de 3 meses, ENERGAL formará parte dun proxecto pioneiro que busca a eficiencia enerxética e o desenvolvemento de territorios insulares en Europa.