Froito da experiencia de ENERGAL en Galicia, sendo a empresa que máis PACES ven realizando na nosa comunidade, a empresa carballesa ven de gañar unha licitación en Euskadi, máis en concreto na localidade biscaíña de Abanto Zierbena, para a redacción da documentación do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES).
O Plan deberá desenvolverse seguindo a “Guía para a elaboración de Plans Locais de Clima e Enerxía” (PLCE) publicada por Ihobe e a “Guía de como desenvolver un Plan de Acción para a Enerxía Sostible (PAES)” editada polo Pacto dos Alcaldes e Alcaldesas polo Clima e a Enerxía.
Este traballo deberá analizar as liñas estratéxicas para a mellora da localidade vasca traballando nas seguintes áreas:
- a) Liña 1: Eficiencia Enerxética.
- b) Liña 2: Mobilidade.
- c) Liña 3: Enerxías Renovables.
- d) Liña 4: Residuos.
- e) Liña 5: Auga.
- f) Liña 6: Medio Natural