Como cada ano, a Asociación de Empresas de Eficiencia Energética A3E organizou a Gala de la Eficiencia Energética y la Sostenibilidad, desta vez na cidade de León. ENERGAL, como tamén é tradición, asistiu ao evento, un dos máis importantes do estado para o sector do aforro e a xestión enerxética.
O xerente de ENERGAL José Bello, e o Director Técnico Iván Andrade que é á súa vez o Delegado en Galicia de A3E encabezaron unha numerosa expedición galega que contou coa presenza de Pablo Fernández Vila, Director Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia e Vanessa Cal Ríos, Xerente do INEGA.
A Gala, cuxo acto central foi no Auditorio Ciudad de León, serviu tamén para a entrega dos X Premios Eficiencia Energética y Sostenibilidad, que recoñecen as iniciativas, proxectos e solucións presentadas por empresas, entidades e estudiantes para mellorar a eficiencia enerxética e fomentar a sostibilidade en todo o territorio español.
A organización do evento, agasallou aos presentes cunha visita guiada á Basílica de San Isidoro e unha comida no hotel do mesmo recinto, así como una visita vespertina ao Museo de Arte Contemporáneo de León previa á gala mais uns petiscos que puxeron o broche de ouro no fantástico Parador de San Marcos.