O martes día 26 de novembro, a Asociación de Empresas de Eficiencia Energética A3E organizou a Gala de la Eficiencia Energética y la Sostenibilidad, desta vez na cidade de Madrid. ENERGAL, asistiu ao evento, un dos máis importantes do estado para o sector do aforro e a xestión enerxética.
O xerente de ENERGAL José Bello, e o Director Técnico Iván Andrade que é á súa vez o Delegado en Galicia de A3E encabezaron unha numerosa expedición galega.
A Gala, cuxo acto central foi no Auditorio Príncipe Pío de Madrid, serviu tamén para a entrega dos XI Premios Eficiencia Energética y Sostenibilidad, que recoñecen as iniciativas, proxectos e solucións presentadas por empresas, entidades e estudiantes para mellorar a eficiencia enerxética e fomentar a sostibilidade en todo o territorio español.
Na foto que vos deixamos a continuación, o noso xerente e director técnico, están con Jose Luis Madrid de Valora Consultores e Pablo Antelo de Eseled Consulting representando a Delegación de Galicia, que estivo encabezada por Pablo Fernández Vila, Director Xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta de Galicia.