O pasado venres 25 tivo lugar en Lugo a xornada denominada “Centro de Pensamiento y Networking, Alumbrado Urbano” na que ENERGAL, representada polo xerente José Bello e o seu Director Técnico Iván Andrade, estivo presente durante toda a xornada. De feito, o propio Iván Andrade foi un dos participantes nunha das mesas de debate sobre a análise dos profesionais nas tendencias do alumeado público así como na problemática actual da contaminación lumínica. Nesta mesa en concreto, o Director Técnico de ENERGAL compartiu impresións con responsables de fabricantes como Schreder e SETGA, o Responsable do Alumeado Público da Cidade de Lugo, a Directora de ECOLUM e Emérito Freire, Responsable do INEGA.
O encontro, organizado polo CEI (Comité Español de Iluminación) en colaboración co Concello de Lugo e a iniciativa SLOWLIGHT, foi dirixido polo experto Coque Alcázar e versou principalmente no problema da contaminación lumínica que foi unha das preocupacións máis debatidas nos diferentes foros de debate, conxuntamente coa eficiencia enerxética e as necesidades de planificación ante proxectos de mellora dos alumeados públicos, tal e como defendeu o propio Iván Andrade nas súas intervencións. Cabe destacar que a última mesa tivo como tema de debate o “Urbanismo baixo a perspectiva de xénero” que foi moi ben recibida, máis se cabe tendo en conta que o propio 25N é o Día Mundial contra a Violencia de Xénero.
Ao final da xornada, que tivo lugar no Cárcere Vello de Lugo tivo lugar a presentación do libro “El Urbanismo de la luz”.