A Asociación de Empresas de Eficiencia Energética A3E, da que ENERGAL é membro e xestiona a Delegación en Galicia de dita asociación, comeza hoxe un Grupo de Traballo dedicado ao desenvolvemento e estudio de “Plan Nacional Integrado de Energía y Clima (PNIEC)”.
O Grupo de Traballo GT 1: Plan de Descarbonización, do que o noso xefe de proxectos Iván Andrade será o representante de ENERGAL e no que se encadran 18 empresas de toda España, ten como obxectivo elaborar unha guía para desenvolver un plan de descarbonización, establecendo un índice de contidos vinculados á eficiencia enerxética, analizar unha folla de ruta plantexada por España e Europa e visualizar posibles nichos de negocio para as empresas asociadas de A3E.