O pasado xoves 13 de Xuño, o xerente de ENERGAL José Bello e o Director Técnico Iván Andrade, este último ademais como Delegado en Galicia de A3E, asistiron ao International Institute de Madrid á asemblea anual ordinaria da “Asociación Nacional de Empresas de Eficiencia Energética”.
A asemblea, como de costume serviu para presentar as contas do exercicio anterior, o orzamento do ano en curso , analizar a relación de actividades levadas a cabo nos últimos 12 meses así como para presentar a nova imaxe corporativa de A3E.
Nunha asemblea dinámica e concorrida, Iván Andrade ademais recibiu un premio nun divertido xogo tipo “trivial” no que quedou de 4º clasificado de entre todas as persoas asistentes.