O prestixioso informe Ardán, que elabora anualmente o Consorcio da Zona Franca de Vigo vén de declarar a ENERGAL no listado do indicador de Empresa Circular. Tal é a importancia desta inclusión no informe que, de 37.000 mercantís candidatas, ENERGAL atópase entre as 250 mellores empresas polo seu traballo na estratexia de economía circular, para o que establece colaboracións con grupos de interese, e incorpora criterios circulares no consumo de recursos, no deseño e produción dos seus produtos e servizos e, en xeral, no conxunto na súa metodoloxía de traballo.
ENERGAL recoñecida como Empresa Circular polo Informe Ardán
Etiquetado bajo:
Ardán, EFICIENCIA ENERGÉTICA DE GALICIA, Empresa Circular, ENERGAL, Indicador Ardán, Zona Franca de Vigo