Máis de medio cento de persoas participaron a pasada noitiña no I Paseo Nocturno Slowlight de Carballo. Este paseo, organizado pola Asociación Slowlight en colaboración coa súa enxeñaría ENERGAL e o Concello de Carballo, percorreu as rúas do casco urbano durante uns 90 minutos para facer una reflexión coa xente asistente do deseño, das necesidades, dos puntos débiles, de cambios de perspectivas e percepcións do alumeado público.
Encabezada a marcha por Iván Andrade, Director Técnico de ENERGAL, as persoas participantes quedaron sorprendidas polo aforro que pode xenerar o LED nunha vila coma Carballo, o diferente que se ven as cousas cando se poñen encima da mesa certos conceptos relacionados coa luz e a importancia dun bo deseño técnico e estético do alumeado para unha mellor calidade de vida das persoas.
Tal foi o éxito que xa está en marcha o II paseo para os vindeiros meses.