As choivas que se agardan esta semana en Galicia non abondan para aliviar a seca que padece a comunidade. A Xunta de Galicia calcula que para que a situación volva á normalidade, precísanse choivas moderadas e continuas durante un mes.
As reservas hídricas galegas atópanse nun nivel extremadamente baixo, por iso recomendamos facer un consumo responsable da auga ata que cheguen as desexadas choivas e non se esgoten por completo as nosas reservas.