O vindeiro 25 de Novembro, na cidade de Lugo terá lugar o evento “Centro de Pensamiento y Networking ILUMINACIÓN URBANA”, unha xornada técnica organizada sobre o CEI (Comité Español de Iluminación) e a Iniciativa SLOWLIGHT, na que se compartirán experiencias sobre contaminación lumínica, urbanismo e as últimas tendencias no eido da iluminación pública.
Iván Andrade, Director Técnico de ENERGAL participará nunha mesa de expertos sobre as tendencias no alumeado público e compartirá debate como o Director de Enerxía do INEGA Juan Ignacio Rodríguez, o delegado do CEI e director técnico de Schreder Miguel Ángel Ramos, o responsable de alumeado do Concello de Lugo Óscar Roibás ou Pilar Vázquez directora da Fundación ECOLUM.
O resto da xornada contará con importantes persoalidades públicas e privadas vinculadas ao urbanismo e a iluminación pública como expertos en astronomía e astrofotografía como o Director do Centro Astronímico de Trevinca, expertos das máis importantes empresas fabricantes do eido do alumeado, directores rexionais de empresas instaladoras e ESEs, etc.
Máis info e inscricións en:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeRlWkfT118VK8lfKq07akhx_G08Qu-mWsLiHhVumRRx2ra4A/viewform