Grupo Energal

T: 981 703 583
  • Inicio
  • Empresa
  • Experiencia
  • Consultoría Energética
  • Consultoría Ambiental
  • Formación
  • Actualidad
  • Contacto
viernes, 08 septiembre 2023 / Published in Sin categoría

O Concello de Carballo avanza na tramitación da primeira comunidade enerxética local cunha enquisa á cidadanía

O goberno municipal de Carballo está a traballar nunha transición enerxética que, ademais de segura, sexa xusta e inclusivo. Por iso aposta por poñer en marcha a  primeira comunidade enerxética local como instrumento idóneo para responder aos retos do cambio climático, á vez que se desenvolve un modelo de empresa de economía social con participación directa da cidadanía.

Dentro das accións que se están a desenvolver para a consecución dese obxectivo, desde o Concello de Carballo actívase unha enquisa á cidadanía para coñecer os usos enerxéticos nos fogares carballeses. A comunidade enerxética local é un colectivo do que, ademais da propia administración local, poderán formar parte os veciños e veciñas e tamén as empresas do seu ámbito de influencia.

Unha comunidade enerxética facilita que un grupo de persoas poidan beneficiarse conxuntamente das mesmas instalacións locais de xeración eléctrica ou térmica. Esta unión non só supón un mellor aproveitamento da devandita xeración, senón que tamén achega beneficios ambientais e sociais, como a mellora da eficiencia enerxética ou o desenvolvemento de sistemas de mobilidade sostible.

As comunidades enerxéticas poden incluír a veciños e veciñas, empresas e administracións públicas. Nacen como un modelo de participación cidadá no sistema enerxético e a súa función principal é xerar enerxía renovable a través de plantas de xeración colectivas para un autoconsumo compartido. Estas comunidades poden levar a cabo múltiples actividades como producir, consumir, almacenar ou compartir enerxía.

Un exemplo deste tipo de actividades nas que se poden basear, son o autoconsumo ou a xeración distribuída, que supoñen un factor importante para o aforro económico de moitas familias, especialmente para as máis vulnerables, podendo desta forma facer fronte á pobreza enerxética. Ademais, evítase a dependencia sobre as compañías eléctricas convencionais e auméntase a competitividade na industria.

Para o goberno municipal de Carballo, a creación dunha comunidade enerxética supón un compromiso coa sustentabilidade e a acción social cooperativa, pero tamén xera unha oportunidade para mitigar a pegada ecolóxica municipal a través da participación de edificios e instalacións municipais dentro da comunidade enerxética.

https://docs.google.com/forms/u/1/d/e/1FAIpQLSeK8qhcOLFr3Vz-aexMbYhZpWJWXXr5CpZ4o3wif0e6E42X6g/viewform

O Concello de Carballo avanza na tramitación da primeira comunidade enerxética local cunha enquisa á cidadanía. Novas | Concello de Carballo

Imaxe e texto: Concello de Carballo

Tagged under: COMUNIDAD ENERGÉTICA, COMUNIDADE ENERXÉTICA, CONCELLO DE CARBALLO, EFICIENCIA ENERGÉTICA DE GALICIA, ENERGAL

Entradas recientes

  • ¡El plazo comienza hoy! Nuevas ayudas del INEGA para energías renovables

    Desde hoy está abierto el plazo de la convocato...
  • Consejos prácticos y sencillo de aplicar para ser más eficientes energéticamente en el hogar

    Ser más eficientes energéticamente en casa no s...
  • Atención: nuevas ayudas energéticas del INEGA

    El INEGA ha anunciado la apertura de varias lín...
  • En Invierno: frío fuera, eficiencia dentro del hogar

    En los días más fríos del invierno, 𝐬𝐞𝐫 𝐞𝐟𝐢𝐜𝐢𝐞𝐧...
  • 2026: el año en el que la energía inteligente marca la diferencia

    En 2026, la verdadera innovación es consumir me...
Sello de calidad y medioambiente

981 703 583

C/ Vila de Negreira, 52, Bajo A
15100 - Carballo
(A Coruña)

  • Aviso Legal
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies
  • Política del Sistema de Gestión

© Eficiencia Energética de Galicia S.L. | Todos los derechos reservados | Web: Ático I Creativos

TOP
Cookies
Usamos cookies. Si te parece bien, simplemente haz clic en «Aceptar todo». También puedes elegir qué tipo de cookies quieres haciendo clic en «Ajustes». Lee nuestra política de cookies
Ajustes Rechazar todo Aceptar todo
Cookies
Elige qué tipo de cookies aceptar. Tu elección será guardada. Lee nuestra política de cookies
  • Necesarias
    Estas cookies no son opcionales. Son necesarias para que funcione la web.
  • Estadísticas
    Para que podamos mejorar la funcionalidad y estructura de la web, en base a cómo se usa la web.
  • Experiencia
    Para que nuestra web funcione lo mejor posible durante tu visita. Si rechaza estas cookies, algunas funcionalidades desaparecerán de la web.
  • Marketing
    Al compartir tus intereses y comportamiento mientras visitas nuestro sitio, aumentas la posibilidad de ver contenido y ofertas personalizados.
Guardar Rechazar todo Aceptar todo