Coma xa sabedes, o sábado 29 de outubro terá lugar na sala de reunións de ATENER (onde temos as nosas oficinas) a representación dunha obra teatral encadrada dentro do certame MICROTEATRO METRO CADRADO do FIOT. A obra en cuestión chámase “Actriz, chora” da compañía Cacharela Teatro.
Serán 4 pases: 13.00 h, 13.30 h, 19.00 h e 19.30 h.
Ficha da obra “Actriz, chora” de Cacharela Teatro
Alba e Irene son dúas actrices en paro que deciden facer un pitching ca esperanza de darse a coñecer e atopar traballo. No transcurso de expoñer as súas habilidades e aptitudes como intérpretes, a precariedade, os prexuízos e a concorrencia, racharán ca formalidade da presentación dando lugar ao caos.
Actriz, chora é unha peza que critica desde a comedia os estereotipos e os desafíos do sector artístico, en especial das mulleres novas. Todo vale por conseguir un papel? Pode a vocación máis que o diñeiro? Que papel cumpren as redes sociais na arte?.
Para evitar problemas recoméndase facer reserva no correo do FIOT fiot.microteatroentrada@gmail.com indicando hora do pase, nome, apelidos e teléfono.