O FIOT fai parada en ENERGAL.
A 31 Edición do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) xa está en marcha e no seu programa, encadrado na modalidade de “Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado”, fai parada nas instalación de ATENER Solucións Técnicas, nas que temos as nosas oficinas.
Coa obra “Actriz, chora” da compañía galega Cacharela Teatro, a Sala de Reunións compartida de ATENER Solucións Técnicas estará a disposición do prestixioso certame teatral carballés, un dos máis importantes do panorama das artes escénicas do país, o sábado 29 de Outubro ás 13 h, 13.30 h, 19 h e 19.30 h.
Un espazo de traballo e formación empresarial será un teatro en miniatura para a modalidade de Micro-Escenas do FIOT que xa ten o seu propio público e xera interese tanto para aportar espazos de representación como de lanzamento para novas compañías e propostas teatrais.
O Certame de Micro-Escenas M² é un concurso de proxectos escénicos de pequeno formato (entre 10 e 20 minutos) concibidos para poñer en escena en espazos non teatrais de Carballo nos que o público (máximo 25 persoas) se sitúa a curta distancia dos intérpretes.
Máis info en fiot.gal