No día de onte, o Goberno anunciou que se rebaixará un 5% e aforraremos nos nosos fogares entre 10 e 20€ na nosa factura do gas a partir do mes de outubro.
A Axencia tributaria estima que recadará 190 millóns de euros menos durante o último trimestre do ano con esta rebaixa. A OCU calcula que nun fogar cun consumo anual de 9.000 kWh suporá un aforro anual entre 100 e 227€.