O Plan de Aforro Enerxético do Goberno obrigara a mudar o alumeado público.
O Plan que debe ser aprobado en Consello de Ministros e por Bruxelas pretende acadar un 8% de aforro do total estatal.
O Plan de Aforro Enerxético que ultima o Ministerio de Transición Ecolóxica, que demanda a Comisión Europea, avoga por aforrar no alumeado público e nas comunidades de veciños para acadar un 8% de aforro enerxético no total do estado.
No que se refire ao alumeado público, o Ministerio exixira aos entes locais identificar as medidas de aforro, que pasan por mudar os sistemas de iluminación actuais por outros máis eficientes. O Goberno considera de vital importancia renovar as farolas de cidades e vilas enteiras, dotando a citados concellos de liquidez inmediata.
Dende ENERGAL, con ampla experiencia no campo, asesoramos a Concellos e entes públicos na busca de financiamento e na formalización dos proxectos precisos para levar a cabo unha actuación deste calibre.