O prezo la luz para os clientes de tarifa regulada subirá hoxe martes un 8,5%, ata os 459,4€ por megavatio hora (MWh). Un novo máximo dende o pasado mércores con 436€.
A subida dos prezos da luz nos últimos días foi impulsada polo repunte da cotización do gas natural. Hai que sumar a ameaza de Rusia de que o hidrocarburo podería encarecerse nun 43%.
Un 35% da enerxía que se consumiu este luns, xerouse en centrais de ciclo combinado que usan o hidrocarburo como combustible.
Os ciclos son máis necesarios ca nunca porque a produción das centrais de enerxías renovables encóntranse baixo mínimos cun 34%, cando o normal é que cubran a metade do consumo, o que permite que baixen os prezos.
O caso máis crítico é o das hidroeléctricas, que supoñen un 4% do seu total, ao ter que restrinxir o bombeo da auga pola seca do país.
Fonte: La Voz de Galicia
Foto: Okdiario