Grupo Energal

T: 981 703 583
  • Inicio
  • Empresa
  • Experiencia
  • Consultoría Energética
  • Consultoría Ambiental
  • Formación
  • Actualidad
  • Contacto
paces
martes, 18 enero 2022 / Publicado en Sin categoría

Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible

O Pacto Europeo das Alcaldías para o Clima e a Enerxía é unha iniciativa europea que nace no 2008, á cal se suman voluntariamente gobernos locais e rexionais, adquirindo mediante a súa adhesión ao pacto, uns compromisos en materia de clima e enerxía comúns a toda a UE para aplicalos ao seu territorio.

En xuño de 2016, o Pacto das Alcaldías únese a outra iniciativa a nivel local, a Coalición de Alcaldes, dando lugar ao maior movemento de gobernos locais comprometidos a superar os propios obxectivos nacionais en materia de clima e enerxía. Totalmente en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU e cos principios de xustiza climática.

O PACES é un instrumento de administración local que está encamiñado a cumprir os obxectivos en materia de mitigación de CO2, así como de adaptación ao cambio climático, definidos no marco de actuación do Pacto das alcaldías en materia de clima e enerxía. Ca realización deste documento, os Concellos adquiriron os seguintes obxectivos medioambientais, co fin de acadar nun futuro, un concello enerxeticamente sostible e resiliente aos efectos do cambio climático:

  • Reducir as emisións de CO2 un 40% para 2030, tomando un ano de referencia.
  • Aumentar a capacidade de resistencia mediante a adaptación aos impactos do cambio climático.
  • Minimizar o consumo enerxético no municipio, con especial incidencia no consumo eléctrico e de combustibles fósiles.
  • Incrementar o nivel de implantación das enerxías renovables nun 27%, así coma un aforro no consumo enerxético nun 27%, dende o ano de referencia ata o 2030.

En ERNERGAL, desde o 2020, levamos realizados un total de 31 PACES en toda Galicia, desde concellos de menos de 1000 habitantes como A Bola, hasta concellos con gran nivel de poboación como A Coruña.

Entradas recientes

  • Las baterías termofotovoltaicas podrían almacenar grandes cantidades de electricidad renovable

    Los precios del gas natural están disparados po...
  • ¿Queres traballar en ENERGAL?

    En ENERGAL seguimos medrando e, por iso, precis...
  • El Gobierno prepara un Plan de Respuesta para reducir los costes energéticos

    Representantes de las principales asociaciones ...
  • Colaboramos no Máster en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental da UDC

    O pasado venres 11 de marzo o director de Energ...
  • ENERGAL fala do conflito do gas natural na TVG

    No día de onte, o Director Tecnico de ENERGAL, ...

981 703 583

C/ Vila de Negreira, 52, Bajo A
15100 - Carballo
(A Coruña)

  • Aviso Legal
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies
  • Política de Calidad y Medioambiente

© Eficiencia Energética de Galicia S.L. | Todos los derechos reservados | Web: Ático I Creativos

SUBIR
Cookies
Usamos cookies. Si te parece bien, simplemente haz clic en «Aceptar todo». También puedes elegir qué tipo de cookies quieres haciendo clic en «Ajustes». Lee nuestra política de cookies
Ajustes Rechazar todo Aceptar todo
Cookies
Elige qué tipo de cookies aceptar. Tu elección será guardada. Lee nuestra política de cookies
  • Necesarias
    Estas cookies no son opcionales. Son necesarias para que funcione la web.
  • Estadísticas
    Para que podamos mejorar la funcionalidad y estructura de la web, en base a cómo se usa la web.
  • Experiencia
    Para que nuestra web funcione lo mejor posible durante tu visita. Si rechaza estas cookies, algunas funcionalidades desaparecerán de la web.
  • Marketing
    Al compartir tus intereses y comportamiento mientras visitas nuestro sitio, aumentas la posibilidad de ver contenido y ofertas personalizados.
Guardar Rechazar todo Aceptar todo