En ENERGAL seguimos medrando e, por iso, precisamos de novo persoal.
Si tes formación técnica en enxeñería, arquitectura técnica, delineación ou similar con experiencia no desenvolvemento e realización de auditorías enerxéticas, informes de consumos enerxéticos, estudos de viabilidade de investimentos en melloras de eficiencia enerxética e todo o amplo abano da consultoría técnica enerxética, esta é a túa oportunidade.
Somos un grupo de xente nova, nun fantástico ambiente de traballo con condicións laborais a convir, coa oportunidade dun gran desenvolvemento persoal e profesional.
Envíanos o teu CV a energal@grupoenergal.com e contactaremos contigo.