Carballo é unha das 430 cidades españolas e das 2.217 de todo o mundo que participan na Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa da Comisión Europea para promover o cambio de comportamento en favor dunha mobilidade activa e de solucións de transporte limpas e intelixentes.
No noso pobo haberá actividades do 16 ao 22 de setembro. Ao longo destes días desenvolveranse diferentes iniciativas nas que estarán representadas pola Asociación contra O Cancro, a Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Sísamo, a Asociación ambiental Senda Nova, Íntegro e o Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino.
Haberá andainas, rutas en bicicleta, xornadas lúdicas, chequeo da accesibilidade e promoción da mobilidade sostible.
A Semana Europea da Mobilidade tamén conta coa implicación dos centros escolares, que este ano serán escenarios da presentación do xogo Cicl-Ando Carballo, que conta con taboleiro, fichas, cartas e manual de instrucións para que os nenos e as nenas aprendan a moverse con máis seguridade polas rúas ao tempo que avanzan polo taboleiro de xogo.
Tamén se celebrará o día sen coches que durante toda a xornada do día 18 de setembro, varias rúas en distintos barrios do pobo estarán pechadas para facilitarlle á cidadanía as actividades e a realización de diferentes xogos.
Deixamos o cartaz para que vexades todas as actividades e o día na que se van a realizar.
Carballo espéravos!
Fonte: http://www.carballo.org/novas.php?id=8564&idioma=gl&sec=30