Grupo Energal

T: 981 703 583
  • Inicio
  • Empresa
  • Experiencia
  • Consultoría Energética
  • Consultoría Ambiental
  • Formación
  • Actualidad
  • Contacto
jueves, 04 mayo 2023 / Published in Sin categoría

SLOWLIGHT, o Concello de Carballo e ENERGAL conmemoran o día Internacional da Luz cun paseo nocturno por Carballo

Conmemorando o Día Internacional da Luz, DIL 2023, a Asociación SLOWLIGHT e o Concello de Carballo, coa organización de ENERGAL, promoven conxuntamente a realización de paseo nocturno SLOWLIGHT en Carballo que se integrarán nunha serie de paseos simultáneos realizados noutras dez cidades españolas ao obxecto de contribuír a concienciar á sociedade sobre a importancia dun uso responsable da iluminación artificial.

Os paseos nocturnos Slowlight, que noutras cidades se organizan conxuntamente coa APDI, Asociación de Deseñadores Profesionais de Iluminación, oriéntanse á cidadanía, sociedade civil e institucións interesadas. Realízanse en pequenos grupos de 25-30 persoas que camiñarán deambulando polas rúas e prazas das cidades elixidas, nun percorrido urbano que nos permitirá ir descubrindo os detalles que conformar a paisaxe nocturna da cidade, contribuíndo positiva ou negativamente ao seu embelecemento e lexibilidade. Percorreremos á cidade nocturna cunha mirada colectiva, diferente e plural, como aquela que realizamos cando vemos algo por primeira vez. O paseo estará guiado por un experto en iluminación de ENERGAL, empresa colaboradora de  Slowlight, que irá reflexionando en voz alta sobre diferentes aspectos técnicos e emocionais que consideramos clave da paisaxe nocturna, promovendo o diálogo dos asistentes para coñecer a súa percepción e a súa opinión sobre as cuestións expostas. Perséguese por tanto o intercambio de ideas e percepcións sobre o cotián e, ao mesmo tempo, espertar o carácter crítico dos asistentes.

O paseo nocturno de Carballo terá lugar o día 15 de Maio, con saída da Praza do Concello ás 21:30, cunha duración aproximada de 1:30 horas (aproximadamente 2,5km).

Podes anotarte no seguinte correo electrónico notificaciones@grupoenergal.com

 

Tagged under: CIDADES QUE CAMIÑAN, CONCELLO DE CARBALLO, DÍA INTERNACIONAL DA LUZ, ENERGAL, PASEOS NOCTURNOS SLOWLIGHT, SLOWLIGHT

Entradas recientes

  • Xornada Certificados de Aforro Enerxético (CAE)

    A Asociación de Empresas de Eficiencia Enerxéti...
  • 1199

    O Concello de Carballo participará na conmemora...
  • ENERGAL no FITUR 2025 en Madrid

    O Xerente da nosa entidade, José Bello, está a ...
  • BO NADAL

    Dende ENERGAL, este Nadal queremos agradecer o ...
  • Formación realizada sobre os Puntos de Recarga de Vehículo Eléctrico

    Os nosos compañeiros Martín e Nacho, realizaron...
Sello de calidad y medioambiente

981 703 583

C/ Vila de Negreira, 52, Bajo A
15100 - Carballo
(A Coruña)

  • Aviso Legal
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies
  • Política de Calidad y Medioambiente

© Eficiencia Energética de Galicia S.L. | Todos los derechos reservados | Web: Ático I Creativos

TOP
Cookies
Usamos cookies. Si te parece bien, simplemente haz clic en «Aceptar todo». También puedes elegir qué tipo de cookies quieres haciendo clic en «Ajustes». Lee nuestra política de cookies
Ajustes Rechazar todo Aceptar todo
Cookies
Elige qué tipo de cookies aceptar. Tu elección será guardada. Lee nuestra política de cookies
  • Necesarias
    Estas cookies no son opcionales. Son necesarias para que funcione la web.
  • Estadísticas
    Para que podamos mejorar la funcionalidad y estructura de la web, en base a cómo se usa la web.
  • Experiencia
    Para que nuestra web funcione lo mejor posible durante tu visita. Si rechaza estas cookies, algunas funcionalidades desaparecerán de la web.
  • Marketing
    Al compartir tus intereses y comportamiento mientras visitas nuestro sitio, aumentas la posibilidad de ver contenido y ofertas personalizados.
Guardar Rechazar todo Aceptar todo