Grupo Energal

T: 981 703 583
  • Inicio
  • Empresa
  • Experiencia
  • Consultoría Energética
  • Consultoría Ambiental
  • Formación
  • Actualidad
  • Contacto
lunes, 29 agosto 2022 / Published in Sin categoría

Últimos días para solicitar o BONO ENERXÍA PEME

En dous días termina o prazo pasa solicitar o Bono Enerxía Peme que da acceso a subvencións de ata 6.000€ para cubrir o 80% do custo elixible de actuacións para reducir a factura eléctrica.

Este bono vai dirixido a calquera negocio que desenvolva a súa actividade en sectores coma o comercio, hostalaría ou artístico-recreativo, entre outros.

Os fondos poderán ser invertidos en:

– Bono envolvente: Toldos ou láminas de control solar ou térmico (só de cor branco, negro ou variantes destas cores). Non serán subvencionables si levan calquera tipo de publicidade.

– Bono iluminación: Renovación de equipos de iluminación interior e exterior, incluídos ou rótulos e escaparates, por outros que utilicen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.

– Bono instalacións eléctricas: Renovación de transformadores, incorporación ou renovación de sistemas de alimentación ininterrompida, compensación de enerxía reactiva, instalación de filtros economizadores ou similares para mellorar a eficiencia enerxética  nas instalacións eléctricas garantindo un subministro de calidade e fiabilidade.

– Bono equipamento: Renovación do equipamento consumidor da enerxía coma cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pranchas, vending, mobles frigoríficos, autoservicio e calquera equipo de consumo enerxético propio do establecemento sempre que poida acreditar unha cualificación enerxética B ou superior.

– Bono climatización: Equipos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Quedan fora deste ámbito os equipos móbiles e os non pertencentes para a climatización de terrazas e outros espazos abertos ao público. Os novos equipos deberán ser de potencia térmica nominal superior a 5kW e ter unha cualificación enerxética B ou superior. Tamén será subvencionable a incorporación de recuperadores de calor, de sistemas de arrefriamento gratuíto, a mellora dos illamentos da instalación de climatización, sistemas de movementos de fluídos caloportadores e de regulación e control.

– Bono inmótica: sistemas domóticos e inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente.

A inversión mínima para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 1.000€, sen incluír o IVE.

Poderán ser beneficiarios das subvencións as pequenas e medianas empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:

– Sección G: Comercio por xunto e polo miúdo, divisións de 45 a 47 incluídas.

– Sección I: Hostalería, divisións de 55 a 56 incluídas.

– Sección R: Actividades artísticas, recreativas e de entretemento, divisións de 90 a 93 incluídas.

– Sección S: Outros servizos, só as divisións 95 e 96.

Serán subvencionables os gastos e inversións realizados entre o 1 de xaneiro  e o 20 de outubro do 2022.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico da sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web do Inega.

Fonte: Inega e Xunta de Galicia

 

Entradas recientes

  • Xornada Certificados de Aforro Enerxético (CAE)

    A Asociación de Empresas de Eficiencia Enerxéti...
  • 1199

    O Concello de Carballo participará na conmemora...
  • ENERGAL no FITUR 2025 en Madrid

    O Xerente da nosa entidade, José Bello, está a ...
  • BO NADAL

    Dende ENERGAL, este Nadal queremos agradecer o ...
  • Formación realizada sobre os Puntos de Recarga de Vehículo Eléctrico

    Os nosos compañeiros Martín e Nacho, realizaron...
Sello de calidad y medioambiente

981 703 583

C/ Vila de Negreira, 52, Bajo A
15100 - Carballo
(A Coruña)

  • Aviso Legal
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies
  • Política de Calidad y Medioambiente

© Eficiencia Energética de Galicia S.L. | Todos los derechos reservados | Web: Ático I Creativos

TOP
Cookies
Usamos cookies. Si te parece bien, simplemente haz clic en «Aceptar todo». También puedes elegir qué tipo de cookies quieres haciendo clic en «Ajustes». Lee nuestra política de cookies
Ajustes Rechazar todo Aceptar todo
Cookies
Elige qué tipo de cookies aceptar. Tu elección será guardada. Lee nuestra política de cookies
  • Necesarias
    Estas cookies no son opcionales. Son necesarias para que funcione la web.
  • Estadísticas
    Para que podamos mejorar la funcionalidad y estructura de la web, en base a cómo se usa la web.
  • Experiencia
    Para que nuestra web funcione lo mejor posible durante tu visita. Si rechaza estas cookies, algunas funcionalidades desaparecerán de la web.
  • Marketing
    Al compartir tus intereses y comportamiento mientras visitas nuestro sitio, aumentas la posibilidad de ver contenido y ofertas personalizados.
Guardar Rechazar todo Aceptar todo