A Asociación de Empresas de Eficiencia Enerxética (A3E) convoca unha nova edición da Ruta dos CAE en Santiago de Compostela, co obxectivo de dar a coñecer o sistema de Certificados de Aforro Enerxético (CAES), a súa evolución e beneficios para as empresas galegas.
O evento será exclusivamente presencial, terá lugar a partir das 11:30 horas do 14 de maio no Auditorio da EGAP, e contará na apertura coa participación de Pablo Fernández Vila, Director Xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta de Galicia.
O sistema de Certificados de Aforro Enerxético (CAE), iniciado coa publicación do RD 36/2023, permite aos suxeitos obrigados do Sistema Nacional de Obrigacións de Eficiencia Enerxética (SNOEE) dar cumrimento a parte das súas obrigacións de aforro mediante a presentación de Certificados de Aforro, en lugar de mediante aportacións ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética (FNEE).
Dende o punto de vista dos aforradores o sistema permite obter unha rentabilidade extra nas súas inversións na eficiencia enerxética, impulsando de este modo ao sector.
Na xornada coñeceremos en profundidade o sistema CAE, a súa evolución e implicacións, gracias ás intervencións de expertos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITERD), a Xunta de Galicia e as empresas.
ENERGAL estará presente e é colaborador da xornada.
PROGRAMA
APERTURA: DESCRICIÓN DO SISTEMA CAE. NOVIDADES
11:30 Presentación da xornada
- Xunta de Galicia. Pablo Fernández Vila – Director Xeral de Planificación Enerxética e Minas
- Ginés Ángel García – Presidente, Iván Andrade – Delegado Territorial de A3E en Galicia
11:50: Visión Xeral do Sistema CAE. Novidades
Representante da Subdirección xeral de eficiencia enerxética e acceso á enerxía de MITERD e INEGA
MESA REDONDA: CASOS DE ÉXITO EN GALICIA
12:15 Modera: Iván Andrade – Delegado Territorial de A3E en Galicia
PARTICIPAN:
- Sector agro. Jesús Martín Bermejo, Sales Manager de Eficiencia Enerxética en GREEN YELLOW
- Sector Público. José Luis González. ESIPE en representación do Concello de Tordoia.
MESA REDONDA: EXPERIENCIAS NA OBTENCIÓN DE CAE
13:00 Modera: Pepe Uruburu. Director Técnico de A3E
PARTICIPAN:
- Esperanza Sánchez. Responsable de Estratexia e Política Industrial en Naturgy
- Jorge García. Responsable Marketing e Desenvolvemento de negocio en ALFA LAVAL
- Juan Manuel García Sánchez. Mánager de Industria e Enerxía en AENOR
13:45 Peguntas do público
14:00 Fin da xornada e cóctel – networking
Podes inscribirte premendo esta ligazón https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfWtU5rxZjzyglfRuxd2DdvgOk9l_j1vPOgyU4pAbRD2jJJkQ/viewform?pli=1
Podes ver o programa tanto en galego coma en castelán, premendo as seguintes ligazóns: