Empresarias e empresarios do Polígono de Carballo asistiron a esta ponencia.
Na mañá de hoxe, técnicos de ENERGAL falaron na Sala Alfredo Brañas do Polígono de Carballo sobre os Fondos Europeos Next Generation que tanto están a dar que falar. España, que recibirá 140.000 millóns de Euros nos vindeiros anos comeza a facer circular crédito para institucións e empresas privadas para finanzamento de proxectos relacionados co ámbito social, enerxético, medioambiental e dixital. Boa conta destas liñas de subvención e políticas subvencionables foron expostas ao empresariado carballés polos técnicos da consultora enerxética e ambiental carballesa ENERGAL, Manuel Barreiros e Catuxa Quintela.