O concello de Carballo acollerá un curso sobre compostaxe que levará a cabo a ONG Amigos da Terra en Galicia e Madrid.
Esta iniciativa está incluída no programa Empreaverde da Fundación da Biodiversidade Do Ministerio para a Transición Ecolóxica, e conta coa financiación do Fondo Social Europeo e a colaboración do Concello de Carballo.
O curso levarase a cabo do 3 ao 14 de outubro de forma gratuíta e será destinado a persoas desempregadas. Constará de 48 horas divididas en 8 módulos en liña e 16 prácticas presenciais. O prazo de inscrición rematará o día 22 ás 14:00h.

Foto: Portalfruticola
Fonte: La voz de Galicia